Información

A V Xornada de Usuarios de R en Galicia terá lugar na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, o día 25 de outubro de 2018.

Organizada pola Oficina de Software Libre do CIXUG, e patrocinada pola AMTEGA (Xunta de Galicia), incluirá relatorios e talleres co obxectivo de promocionar o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións, así como proporcionar un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade.

Se queres presentar unha charla sobre algún tema que che interese ou organizar un taller, tes toda a infomación no apartado call for papers. Se prefires enviarnos calquera outra suxestión tamén podes contactar con nós a través do formulario de contacto.

Dentro da programación da Xornada de Usuarios R vaise organizar un Taller Introdutorio do Paquete Estatístico R e outro taller de contidos avanzandos de R (o contido específico deste taller indicarase no apartado de programa da sesión).

      Como os talleres son prácticos, é recomendable levar un ordenador portátil  

    Esta actividade enmárcase dentro do Sistema Titorial da Facultade de Matemáticas da USC.

    A inscrición é de balde, e de libre acceso

      INSCRÍBETE NA XORNADA  

    Esta iniciativa enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a Amtega e o CIXUG para a realización de actividades de fomento do software libre en Galicia.

     


    Ver mapa máis grande