Información

Comezan os preparativos da VIII Xornada de Usuarios de R en Galicia, que terá lugar o día 14 de outubro de 2021.

Organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA) e patrocinada pola AMTEGA (Xunta de Galicia), como en edicións anteriores incluirá relatorios sobre temas de actualidade co obxectivo de promocionar o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións, así como proporcionar un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade.

Se queres realizar un relatorio sobre algún tema que che interese, tes toda a infomación no apartado call for papers. Se prefires enviarnos calquera outra suxestión tamén podes contactar con nós a través do formulario de contacto.

 

Esta iniciativa enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a Amtega e MeLiSA para a realización de actividades de fomento do software libre en Galicia.

organizadores