Concurso MeLiSA con R

Xa está en marcha o Primeiro Concurso de MeLiSA con R, un concurso a través do cal a Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA), coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), propón empregar R para tratar unha serie de datos (que serán os mesmos para todas as persoas participantes) do xeito que estimen máis interesante.

Os proxectos poderán presentarse desde o 15 outubro ata o 30 de novembro. Consulta e descarga as bases no seguinte enlace:

Bases do concurso MeLiSA con R

Para resolver calquera dúbida sobre as bases, podes dirixir un correo ao enderezo concursor@melisa.gal. Aquelas que consideremos que son interesantes ou que poden aportar maior claridade ás bases, serán publicadas neste mesmo espazo.

DESCARGA DE DATOS

Datos principais do concurso (DatosR_SIMCA.csv)

Complementos opcionais (complementos_opcionais.zip)