Organización

Organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (Melisa) en colaboración coa Facultade de Matemáticas da USC e patrocinada pola AMTEGA (Xunta de Galicia) incluirá relatorios e talleres co obxectivo de promocionar o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións, así como proporcionar un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade.

 


Comité organizador e Científico

María José Ginzo Villamayor

Universidade de Santiago de Compostela

Rafael Rodríguez Gayoso

Asociación Melisa

Miguel Ángel Rodríguez Muíños

Consellería de Sanidade

Contacto:

xornada@r-users.gal

Agradecementos:

  • A Alberto Permuy (@apermuy) pola súa axuda na configuración desta páxina web, e por responder ás nosas peticións cando Drupal se nos queda grande ;-).
  • Á Oficina de Turismo do Concello de Santiago de Compostela (@santiagoturismo), pola cesión das imaxes empregadas na cabeceira desta páxina web.