Se queres presentar un relatorio á XII Xornada de Usuarios de R en Galicia, podes facelo dentro das datas que se especifican a continuación. Todos os resumos deben enviarse utilizando o botón que figura enlazado no fondo da páxina e cumprir os seguintes requisitos:
- Deberá empregarse o modelo definido pola organización (dispoñible en formato ODT e en formato TEX).
- Os resumos deberán ter, como máximo, 4 páxinas.
- Os traballos deben enviarse en formato pdf.
- Os ficheiros dos resumos nomearanse do seguinte xeito:
"XII_XornadasR_Apelido.pdf"
onde "Apelido" debe ser o da persoa que realice a presentación.
Os traballos recibidos serán sometidos a revisión polo Comité Científico, e posteriormente notificarase por correo electrónico o resultado da revisión.
Datas importantes |
|
---|---|
Envío de resumos |
21 de setembro |
Avaliación resumos |
28 de setembro |
Todos os traballos aceptados serán editados con posterioridade no Libro de Actas da Xornada, que estará dispoñible nesta mesma web.