Call For Papers

Se queres presentar un relatorio á XII Xornada de Usuarios de R en Galicia, podes facelo dentro das datas que se especifican a continuación. Todos os resumos deben enviarse utilizando o botón que figura enlazado no fondo da páxina e cumprir os seguintes requisitos:

  • Os resumos deberán ter, como máximo, 4 páxinas.
  • Os traballos deben enviarse en formato pdf.
  • Os ficheiros dos resumos nomearanse do seguinte xeito:

"XII_XornadasR_Apelido.pdf"

onde "Apelido" debe ser o da persoa que realice a presentación.

Os traballos recibidos serán sometidos a revisión polo Comité Científico, e posteriormente notificarase por correo electrónico o resultado da revisión. 

Datas importantes

 Envío de resumos

21 de setembro

 Avaliación resumos

28 de setembro

Todos os traballos aceptados serán editados con posterioridade no Libro de Actas da Xornada, que estará dispoñible nesta mesma web

Call for papers